Ver perfil de M.Nine M.Nine

O paso do tempo encérranos na nosa propia cadea.

Suscripción

Arquivos

Últimas entradas

Últimos Comentarios

Estatísticas da bitácora

  • Posición no ranking: 1
  • Data de creación: 13/9/2007
  • Entradas Publicadas: 70
  • Visitas: 16115
  • Comentarios: 281

Máis acerca de M.Nine

  • Imaxe da curta Aarón
  • Imaxe da curta Soidade^3

Bye Bye Soidade^3

mércores 11 de Novembro de 2009 as 20:55 2 comentarios

Pois eso, esto acabouse. Foi un gusto ter esta bitácora durante os últimos 2 anos pero quedouse un chisco pequena e é hora de mudarse a un lugar máis persoal fora dos condicionantes de Curtas na Rede.

Estou moi agradecido por todo o vivido nesta web e neste certame nos últimos anos e convídovos a todos a que me fagades unha visita na miña nova morada. Aquí.

Unha aperta enorme.

Inciso para a Axenda

xoves 8 de Outubro de 2009 as 14:37 4 comentarios

Outubro é un mes de tolos que non sei se quero que pase dunha vez ou que dure unha semana máis para estar máis tranquilo. O caso é que se me acumula o chollo e as actividades.

A primeira cita terémola a próxima semana. Entre os días 10 e 17 de Outubro celébrase Curtocircuito e o OUFF. Tocará pasar algún día por aí a ver que se pode ver. No Festival de cine de Ourense proxectarase "A Fábrica" coa que vimos de gañar o premio á Mellor curta documental no "On & Off" de Ribadeo e que recentemente acaba de abrir a nova tempada de Onda Curta. Ademáis o día 16 presentase en Ourense a nova edición do anuario "Papeis da Academia" editado pola Academia Galega do Audiovisual e que este ano ven acompñado dun cd das composicións de Milladoiro para películas.

A seguinte cita será na Coruña onde volvemos poñer "A Fábrica", o día 30 de Outubro dentro da Mostra de Ciencia e Cinema que como soe ser habitual conta cun cartel realmente xenial. O plato forte será a presencia da directora norteamericana Barbara Hammer que conta tamén cun traballo en competición, o polémico filme "A horse is not a metaphor" que é altamente recomendable e no que narra dun xeito moi persoal a súa experiencia co cancro de ovarios. Deixovos o trailer:



Para quen lle cadre andar pola Coruña, ou achegarse ata aquí, Barbara Hammer estará presentando este filme no CGAI e tamén dando unha conferencia na Fundación Caixa Galicia na que falará da súa forma de entender o cine.

E tamén nesa semana, a do 26 ó 30 de Outubro hai dúas oportunidades para ver a outro dos participantes na Mostra, Jawad Rhalib, director da moi recomendable "Les damnés de la mer", que presentará o seu filme, primeiro na Coruña para despois acudir á cita co Festival de Cine árabe AMAL en Santiago. Tamén vos deixo o trailer:



Sumado a esto. O día 30, na Fundación Luis Seoane presentaremos "O Sol nos Chaos", un docu de divulgación cinetífica feito en colaboración coa USC e o CSIC que explica como os celtas colocaban petroglifos alineados cos movementos solares para identificar así datas de celebración e cambios de estacións.

E despois do tute de finais de Outubro, ó que se suma a gala de CnR, remataremos a axenda coa estrea de Aarón en pantalla grande. Será o día 20 de Novembro no CGAI e estou moi pero que moi contento con esta nova. Se podemos ata traeremos ó noso pequeno prota para que arme barullo ;)

Facendo as maletas

venres 25 de Setembro de 2009 as 15:55 27 comentarios

Esta é a rocha da Ferradura. Lugar onde se realizaban ritos e celebracións celtas antes da cristiandade. É unha imaxe que me gusta e quería deixala aquí porque probablemente este sexa o penúltimo post deste blog. Así que esta é case unha especie de despedida.

A razón fundamental é a operatividade. O espazo dentro de CnR está moi ben como parte do concurso pero non che permite demasiadas cousas como poder clasificar e ordear os post por categorías, subir imaxes desde o teu disco duro..., así que desde o ano pasado levo dándolle voltas á cabeza de onde e como organizar un blog máis persoal que sirva de espazo para ensinar as trangalladas que vou facendo e ademáis poder escribir o que se me ocorra. 

Ademáis, o tema este do concurso, e as recentes discusións fai que ás veces o bitácora se convirta nun sitio un tanto incómodo. Non é polas discusións en sí, senón porque ás veces me dá a impresión que se está a tomar o tema da competición demasiado en serio e non me gusta nada a idea de que o feito de escribir algo neste espacio se interprete como "estar competindo por un premio". Non me gusta nada que cada vez que comeza o ano se poña a 0 o teu contador de visitas e que cada texto sexa  unha forma de avanzar postos nun "Ranking". Estou orgullosísimo das visitas desta páxina e da participación de comentarios por esta razón quero ter unha páxina que non teña nada que ver co concurso e que sexa accesible a todo o mundo para falar, discutir ou o que sexa, de forma libre e sen ter que estar rexistrado como usuario de nada.

Polo demáis, e ó fío do que foi a famosa polémica dos 22", quero pedirlle desculpas á xente que se sentiu ofendida, ou en inferioridade de condicións por esta "extralimitación" miña. En ningún momento pensei que lle puidese molestar a ninguén. Despois de todo o tema este, a curta sufriu un par de machadazos que a afean un pouco pero que "respetan a legalidade". Persoalmente, non estou dacordo con esto, pero creo que sería estúpido pola miña parte poñerme cabezón e enfrentarme a toda a xente que protestou polo incumplimento das bases.

Así, en quente, despois de cousas que pasaron non me quedan demasiadas ganas de volver a presentar nada a CnR. Pero non o sei. A verdade é que nunca fixen unha micromovie e tamén é algo que me tira, pero non fago as cousas para provocar discusións e polémicas. Se estas se producisen gustaríame que fosen provocadas polo contido da curta e non por elementos externos. Nese sentido, teño certa envexa do que aconteceu con "Os murmurios do non" de Nanín que serviu para discutir sobre a curta mentres el estivo totalmente ausente da mesma. A súa posición foi infinitamente máis intelixente que a miña. Pero tomo nota.

En canto á discusión en sí, non vou a poñerme a repetir algunhas cousas que penso sobre o tema das bases e eso. Entendo que algunha xente non estea dacordo comigo, é lóxico, pero creo que houbo xente que se pasou moito co tema das discrepancias. Houbo comentarios realmente desproporcionados. Non se trata de que nos andemos facendo a pelota os uns ós outros pero o tema este de CnR debería servir tamén para coñecer a xente e, nunca se sabe, hai moitas ocasións nas que te acabas atopando con xente afin coa que colaborar en traballos... Se todo se reduce a pelexas por un premio, compensaralle a quen lle compense, a min desde logo non. Xa é bastante sacrificado que o traballo que fas, que soe ser invisible, acabe chegando a un posible "público" como para andar enredando en lugares onde o único que acabas gañando son enemistades. Non ten sentido.

Participar nun concurso, ou gañar un premio, ou o que sexa, é un feito puntual e aillado. Se o camiño para eso é que a xente se mosquee contigo, che insulte ou che colla manía o que fixeches non valeu de nada. O lóxico é pretender que se recoñeza o teu traballo, non que che recoñezan a ti por crear broncas. E non digo esto por comentarios sobre min que me parecen inxustificados senon por cousas como mandar mails á organización acusando á xente de incumplir unha cousa ou outra. Cada un que faga, ou que actúe como lle pete, pero mal vamos se en lugar de preocuparnos de mellorar o traballo propio e admirar o bo do traballo alleo, o que facemos é preocuparnos de que un ou outro reciba tal castigo ou tal escarmento. Eu desde logo teño cousas máis importantes nas que pensar que en mandar mails en contra de ninguén.

E supoño que non me queda máis que dicir. Espero que este post non provoque ningunha outra bronca e que se interpreten as miñas palabras como unha postura particular que non vai en contra de ninguén e que son simplemente unha maneira resumida de expoñer como vin eu toda esta historia.

Un saudo!

M. 

 

 

Allegro ma non troppo

venres 18 de Setembro de 2009 as 16:38 3 comentarios

LA TERCERA LEY FUNDAMENTAL DE LA ESTUPIDEZ HUMANA
(LEY DE ORO)

LA TERCERA Ley Fundamental presupone, aunque no lo enuncie explicitamente, que
todos los seres humanos estan incluídos en una de estas cuatro categorías fundamentales: los incautos, los inteligentes, los malvados y los estupidos. El lector perspicaz comprendera fácilmente que estas cuatro categorías corresponden a las cuatro areas H, I, M, E de la grafica base (vease figura 1).
Si Ticio comete una accion y obtiene una perdida, al mismo tiempo que procura un beneficio a Cayo, el signo de Ticio recaera en el campo H: Ticio ha actuado como un incauto. Si Ticio realiza una acción de la que obtiene un beneficio, y al mismo tiempo procura un beneficio tambien para Cayo, el signo de Ticio recaera en el area I: Ticio ha
actuado inteligentemente. Si Ticio realiza una acción de la que obtiene un beneficio causando un perjuicio a Cayo, el punto de Ticio debera situarse en el area M: Ticio ha actuado como un malvado. La estupidez corresponde al area E, y a todas las posiciones sobre el eje Y, por debajo del punto 0. La Tercera Ley Fundamental aclara explicitamente que:

Una persona estupida es una persona que causa un daño a otra persona o grupo de personas sin obtener, al mismo tiempo, un provecho para sí, o incluso obteniendo un perjuicio.

A la vista de esta Tercera Ley Fundamental, las personas racionales reaccionan instintivamente con escepticismo e incredulidad. El caso es que las personas razonables tienen dificultades para imaginar  y comprender un comportamiento irracional. Pero dejemonos de teorías y veamos que es lo que nos ocurre en la practica en la vida diaria. Todos nosotros recordamos ocasiones en que, desgraciadamente, estuvimos relacionados con un individno que consiguio una ganancia, causandonos un perjuicio a nosotros: nos encontrabamos frente a un malvado. Tambien podemos recordar ocasiones en que un individuo realizó una acción, cuyo resultado fue una perdida para el y una ganancia para nosotros: habiamos entrado en contacto con un incauto. Igualmente nos vienen a la memoria ocasiones en que un individuo realizó una accion de la que ambas partes obtuvimos provecho: se trataba de una persona inteligente. Tales casos ocurren continuamente. Pero si reflexionamos bien, habrá que admitir que no representan la totalidad de los acontecimientos que caracterizan nuestra vida diaria. Nuestra vida esta salpicada de ocasiones en que sufrimos perdidas de dinero, tiempo, energía, apetito, tranquilidad y buen humor por culpa de las dudosas acciones de alguna absurda criatura a la que, en los momentos mas impensables e inconvenientes, se le ocurre causarnos
daños, frustraciones y dificultades, sin que ella vaya a ganar absolutamente nada con sus acciones. Nadie sabe, entiende o puede explicar por que esta absurda criatura hace lo que hace. En realidad, no existe explicación —o mejor dicho— solo hay una explicación: la persona en cuestion es estupida.

CIPOLLA, CARLO M.: "Allegro ma non troppo". Ed. Crítica (1991).

Estreamos Aarón

martes 8 de Setembro de 2009 as 15:39 3 comentarios

Pois eso. Podedelo ver aquí.

Ou vía YouTube.



Deixade os vosos comentarios ;)

Aarón

venres 4 de Setembro de 2009 as 12:56 7 comentarios

 

Proximamente...

De volta...

mércores 2 de Setembro de 2009 as 18:14 63 comentarios

Ola a todos!!!

Un ano raro este 2009, no que teño saturación de curre e onde pasei por momentos bastante dificiles no laboral.

Pero como non hai mal que 100 anos dure, as cousas xa volveron ó rego e agardo por un final de ano moi pero que moi productivo. 

Así cos folgos que dá a "normalidade", decidinme a pasarme por aquí a ver que se cocía este ano, acordándome de tódalas horas que metín nos titoriais de anos anteriores, e contento por saber que había quen os lía e os segue lendo, e orgulloso de ter coñecido a xente que os apreciou e os tivo en consideración.

E como o primeiro é o autobombo :) convídovos a unirvos a todos a un proxecto experimental que estamos a mover con notable éxito desde Facebook: Manuscritos Pompeianos

E despois, pois nada, a verdade é que estiven a ver cousas nas curtas e nas bitácoras e tiven certa envexa ó ver o prolífica que está a xente en tódalas categorías (salvo documental, que vaia por Dios!!!!). Así que para desintoxicarme do curre, non se me ocorreu outra cousa que facer unha curta, que cun pouco de sorte veremos colgada o luns. Viva, viva!!!!!

Tamén me sorprendeu "as polémicas" que se están a xerar este ano sobre cousas que para min carecen de importancia.  Faime gracia que se fale de baixa calidade dos proxectos e que se insinúe que por esta razón Curtas na Rede é un certame de baixa calidade. Vamos a ver:

1. En tódolos festivais do mundo a cantidade de curtas "malas" presentadas supera ampliamente o número de curtas "boas". A diferencia de Curtas na Rede, é que non existe un proceso de selección previo e que hai acceso a ver todo o que se presente. Eso é unha característica do propio concurso.

2. A calidade dos certames non se mide polo material que se presenta senón por a súa selección, o seu palmarés e o seu xurado. En Curtas na rede non existe selección, por tanto, a "calidade" do certame debe medirse polos traballos premiados e por quenes son as persoas que os conceden.

3. Non se me ocorre ningunha razón pola cal unha persoa non poida presentar o seu traballo e que este poida verse na rede. De feito, se nalgo discrepo das bases deste concurso é que se proiban obras que "inciten á violencia...", as obras deben valorarse no seu conxunto e non porque as ideas que expresen sexan compartibles ou correctas (O Ex. de sempre : "Olympia").

Digo todo esto, non por un afán especial de peloteo co certame en si, senón porque o feito de que exista un concurso como Curtas na Rede é positivo para a todo o mundo, e levando tan poucas edicións, a súa supervivencia depende en gran medida do apoio que os creadores lle concedamos e considero moito máis productivo manifestar abertamente ese apoio que facer unha lectura superficial sobre os erros que poidan apreciarse. 

Tamén me fixo moitísima coña como se emprega o calificativo "profesional". Non sei se hai que darse de baixa da seguridade social para participar... En todo caso, nos comentarios que puiden ler dalgunhas curtas apreciase certo complexo que ten que ver coa "factura" dos traballos. Non sei quen é o que se empeña en ensinarlle á xente que debe xuzgar os libros pola súa encadernación pero desde logo eso non lle fai ningún ben á literatura, e desde logo tampouco lla fai ó cine. Unha cámara non che fai unha curta, nin os cartos, nin os medios, nin un epígrafe do IAE. O que importa é o que teñas que dicir e a técnica narrativa que empregues para dicilo, o demáis é estética.

E rematando coa parrafada, quédome coas alusións ó "Pensamento Crítico". Defendo a crítica e a libertade de expresión por riba de tódalas cousas. Agora ben, a crítica pola crítica non serve de absolutamente nada. A crítica para ser tal debe ter unha utilidade, non reducirse a facer valoracións negativas sobre terceiros. Que sentido ten soltar opinións demoledoras sobre "obras amateurs" de 5 min. que probablemente non teñan maior intención que o entretemento persoal? Non hai que ser demasiado intelixente para ver nas curtas que obras están feitas con intención de narrar algo "cinematograficamente" e cales son puro divertimento. En ambos casos ten sentido a opinión, a diferencia está en que no primeiro caso falar de crítica significa falar dunha valoración constructiva sobre unha obra con determinadas pretensións e no segundo é directamente unha perda de tempo.

En fin..., vémonos por aquí.

Deixoo por hoxe que xa fixen bastante o vago ;) 

Flocos.tv

mércores 10 de Decembro de 2008 as 00:23 2 comentarios

Ven ó pelo. Hai cousa dunhas semanas había xente que me preguntaba onde se podía ter un listado de curtametraxes galegas, pois ben, acaba de nacer Flocos.tv (esperemos que dure moito), onde se pode ver diariamente unha nova curta galega.

Pois eso, afiliadevos ;)

Cousas que se din

martes 2 de Decembro de 2008 as 17:32 5 comentarios

Hai cousa duns días chamaronme da Axencia Audiovisual Galega para facerme unha entrevista. Onte puiden vela publicada. Despois de lela cheguei a unha conclusión: "Estou dacordo comigo mesmo e coas cousas que digo"

 

Sendo así, para quen lle interese aquí a deixo neste link.

Co corazón encollido

xoves 27 de Novembro de 2008 as 03:13 3 comentarios