Ver perfil de alan_smithee alan_smithee

Comments and thoughts from a wicked director

Suscripción

Arquivos

Últimas entradas

Últimos Comentarios

Estatísticas da bitácora

  • Posición no ranking: 32
  • Data de creación: 6/3/2007
  • Entradas Publicadas: 4
  • Visitas: 433
  • Comentarios: 2

Máis acerca de alan_smithee

Crónicas xermanas

martes 7 de Outubro de 2008 as 21:21 Non hai comentarios

Veño de regresar do I Congreso da Xuventude Galega Residente en Países Europeos, e quero compartir con todos vós o que foi unha das experiencias máis interesantes en anos.

Voltei de Frankfurt coas baterías cargadas para moito tempo. Esa carga foise acumulando pouco a pouco no fin de semana que durou o evento a base de pequenas vivencias, de conversas, de miradas, de risas, de sorpresas, de imaxes, de músicas... Non me chegaría un post dunha extensión razoable para contarvolo todo, así que vou lembrar alguns deses momentos a voatecla, según vaian xurdindo, co único obxectivo egoista de re-crear esas situacións e fixalas millor na memoria.

Recordo a barandilla na beirarúa xusto diante da entreda do albergue xuvenil ás dúas da maña. Un puñado de rapaces e rapazas, fillos e netos de galegos, chegados a Frankfurt dende as catro esquinas de Europa, saían a fumar ou chegaban ao niño despois da penúltima cervexa. Xuntábanse alí a falar na lingua común. Unha língua común á que os matices xa de por sí variados das distintas orixes dos seus devanceiros na terra nai, se sumaban as cores do alemán, o francés, o holandés, ... Galego de Lugo e de París. Galego do Barco e da Suiza. Galego de Muros e de Bruselas...

Recordo a Rubén, Tamara, Roberto e Ignacio falando de cine. A Ignacio filosofando coma sempre. Sempre cheo de razón pero sempre disposto a escoitar. Recordo compartir con Tamara e Ignacio visións sobre a arte, palabra pintada ou sentimento, os tres sempre cheos de razón pero sempre dispostos a escoitar.

Lémbrome da música. Nuria-Nikita montando o sacho, tecnoloxía de doble uso para facermos vibrar xunto con Natalia, Verónica, Magalí e Marisol. Mafia galega e Gran purismo Galician Hip-Hop rules the world. O Miudiño saturado de última hora que calquera galego alomenos ata a terceira xeración leva gravado nos seus xenes.

Venme á mente a colonización nocturna dun Biergarten, e a resposta Gypsy Kings inmediata dos donos teutones. ¡Chacho, que somos galegos!

Recordo a Dolores e o resto do equipo do CXG, paradigma colectivo da cultura do facer, do compromiso, da confianza nun mesmo e nos demais. Recordo que pensei que, unha vez chegada a unha idade que descarta a posibilidade de "ser", agradecería de corazón que me volveran a dar a posibilidade de "estar".

Writing Short Films

sábado 14 de Abril de 2007 as 19:02 Non hai comentarios

If you are able to read English, there's a nice tutorial on writing short films by Phil Parker at

http://www.screenonline.org.uk/tours/shortfilm/tour1.html

In my opinion, it's a "must read". Concise, direct to the point, full of useful ideas and examples, and not too difficult to understand for those who were attentive during their English lessons at the ESO.

Veña, que xa non hai excusa. Spring is here, summer is just round the corner... perfect time para rodar curtametraxes.

Hi there! ¡Ola a todos e todas!

martes 6 de Marzo de 2007 as 21:16 2 comentarios

¡Miña nai quirida! Congratulations for this wonderful idea! It was fantastic to find a place at the cyberspace, created from a recuncho two villages away from the end of the world, were everybody can set free his/her imagination and create!

Well, I do not know whether you folks know me. Perhaps some words of presentation would not be a bad idea.

My name is Alan Smithee, a damned film director born in 1967 somewhere in the real world (or not...) I started my career as Film Director that very year (that's being precocious!) with Death of a Gunfighter, which was premiered in 1969. My work spans over a wide range of genres and styles. However, none of my projects will become a masterpiece. Unha mágoa. I moved to Galicia in 1979. Since then, I am trying to resume my career there, but no local producer so far has considered their projects as being suitable for my profile. Probably, they were wrong. I keep waiting for a oportunidade.

I have been studying the Audiovisual Galego for quite a while. I even become a blogueiro to share my personal experiences about it:

http://alansmitheegalicia.blogspot.com

Seguiremos en contacto, meus.

Wow! More Short Film Festivals!

martes 6 de Marzo de 2007 as 21:10 Non hai comentarios

This Galicia country is amazing! Just happened again! Curtocircuito was announced this morning, so new chances are there for us creadores audiovisuais.

Incidentally, I made a bit of research on my own. ¿Do you happen to know that there are more than a dozen short film festivals in Galicia? Pois sí.

Anyway. If you query Google for "curtas", Curtas na Rede appears as the second option among more than 3,000,000 entries. Se a pescuda é "curtas na rede", first option among 900,000! Noraboa, meus!

But, alas! se probades Google Fight (www.googlefight.com), Curtocircuito beats Curtas na Rede :-( However, I am quite sure that this will change near soon...

AS (alansmitheegalicia.blogspot.com)