Ver perfil de Angie Angie

Curtas cheas de ilusión

Suscripción

Arquivos

Últimas entradas

Últimos Comentarios

Estatísticas da bitácora

  • Posición no ranking: 8
  • Data de creación: 3/7/2007
  • Entradas Publicadas: 21
  • Visitas: 3559
  • Comentarios: 47

Máis acerca de Angie

  • Timba ilegal
  • Qué miras
  • Imaxe da curta Amor caduco
  • Imaxe da curta Optimismo
  • Imaxe da curta SALEMEG, la maldicióm
  • Imaxe da cápsula Latín o griego

Amor caduco

sábado 19 de Setembro de 2009 as 00:40 1 comentario

Aquí vos deixo o microrrelato que deu pé á unha das dúas curtas que presento este ano.

 

 

-Gracias por todo la vida que me has dado desde que estás conmigo.
Gracias por ese brillo especial que le das a mis días, antes eran tan 
tristes, tan monótonos...Es poco agradecerte lo que has hecho por mí, yo lo he intentando todo para salvar lo nuestro, de verdad, siempre intenté poner las cosas claras dándote más luz, cambiándote de ambientes, incluso comprándote nuevos productos de esos que tanto te gustan, te pones tan guapa cuando los usas...me encantaba la manera que tenías de devolverme esos detalles... Todas esas noches observando tu perfección mientras dormías, cuando dejábamos la ventana entreabierta y la luz de la luna se reflejaba en tu piel... Ahora ya estás cansada, lo sé, entiendo que te hayas aburrido de mí,  quizás debería haber tenido más detalles contigo...no sé, alguna que otra flor de vez en cuando alegraría la cocina, ya que allí solías pasar todo el día, tú eras la reina...

 

De esta manera Enrique se despedía de su querida Azalea, mientras la tiraba al cubo de residuos orgánicos:

-Ninguna otra planta cubrirá tu lugar.

 

 

Aí van

sábado 5 de Setembro de 2009 as 02:13 4 comentarios
A verdade é que este ano está bastante difícil o de mandar curtas...resultaba máis sinxelo como en anos anteriores porque levo coma 5 días para subir, transformar, grabar e mandar todo o necesario para participar no concurso. De feito tiña pensado participar con máis traballos pero quedarán para o ano que ven, porque coma sempre, póñome no último momento e a este paso non me da tempo. En fin, que xa están de camiño á rúa Hórreo os traballos: .Amor caduco, que finalmente o volvimos facer totalmente improvisado, meu pai non fixo caso ningún ó guion pero grazas á súa capacidade para falar e falar e falar e falar e falar...quedou moito mellor que o que ía mandar no seu lugar. .Optimismo, que xa leva colgada algúns días e que aínda que non pode competir coa técnica de moitas que vin por aí, cada vez que a vexo non podo evitar rir. É moi curta pero tiven á actriz dous días facendo probas en distintos lugares da cociña, con distintos tons e con cambios no guion xD... .¿Qué miras? que coma está grabada co móvil vese pésimamente e escóitase igual de mal pero foi moi divertido facela e reune ás mellores actrices da factoría SALEMEG XD (non sei se recordades a curta de "terror" do ano pasado (mellor que non o fagades xD). .Latín o Griego, que costou decidirse a enviala porque é froito dunha churrascada se non lembro mal coas SALEMEG de novo xD e nela váisenos a olla (coma ó da micromovie xD) moito. Aviso que nesta "parodia", se se lle pode chamar así actuamos moi ben porque non somos así nin por asomo, ou iso espero... A ver se me inspiro e durmo ben e mando máis... A fin destas curtas e pasar un bo rato facéndoas e véndoas, porque está claro que non hai por onde competir pxa que coma cada ano hai curtas moi boas. Nós temos unha cámara que graba coma se fose unha webcam e o programa de Windows movie maker...e con eses escasos medios fixemos o que puidemos, aínda que habería xente que faría marabillas. Polo menos espero que desprendan orixinalidade e algo de humor para aportar ó meu graniño de area ó concurso. Saúdos, Angie.

Amor caduco

sábado 22 de Agosto de 2009 as 02:52 Non hai comentarios
Hoxe rodamos a curta na que tiña posta toda a ilusión...se ben este sentimento parece ser moi efémero. Resulta que meu pai no último momento non quixo ser o meu actor por cousas da vida...non o explicou pero penso que é por vergoña. Finalmente o convencín con cariña de boa peza e rodamos a presa e correndo...o resultado foi...raro. Meu pai o fixo moi ben, aínda que se pasou un pouco lendo o guión (que o metimos dentro dun periódico para que parecese que cando o lese estivese ollando as novas, pois non estaba disposto a aprendelo de memoria). Fixemos tres intentos aínda que o mellor foi o primeiro, mais xusto ó final chamaron por teléfono así que tivemos que cortar. ó final, como dixen, foi non de todo o esperado, pero a nós gustounos. Decidín deixalo así porque por aquí hai escaseza de actores (todos se botan cara atrás no último momento) e polo menos que lle guste a alguén máis, senón é a curta, o texto, que en canto suban a curta xa subirei eu aquí á par. Fai un pouco fixen a montaxe co único programa que sei manexar...o Movie Maker...e estiven a escoller música. A verdade é que o de buscar a música axeitada é unha das cousas que máis me gustan disto. Empreguei Bye Bye Baby de Janis Joplin porque penso que lle pega ben. Mañá compro uns cantos dvd e o luns sen falta xa mando este e o de Optimismo que fixera coa miña irmá Rosalía. Saúdos

Que comece a rodaxe!

xoves 20 de Agosto de 2009 as 16:13 1 comentario

Xa estamos en marcha (que xa son horas...) e en breves mandarei tres curtas como mínimo para participar no concurso.

Todas elas están feitas en familia, que penso que é un dos ingredientes máxicos para que os actores e actrices funcionen ben, refírome a confianza que poden ter ante unha cámara que é a súa filla ou a súa irmá por exemplo. Ademáis é unha boa forma de reunirnos para facer algo en común perseguindo o mesmo. En definitiva, que de vez en cando pasalo ben coa familia facendo cousas que non acostumamos a facer está...guay xD

A primeira delas chámase Optimismo e está protagonizada pola miña irmá Rosalía. Está baseada nun microrrelato que fixen fai anos e a min pareceume divertido para unha curta. A verdade é que quedou demasiado "curta" pero o final está moi ben...Desexo que a poidades ver cedo.

A segunda ten como actor principal e único a papá, Jaime. Aínda está en proceso...estamos pasando o relato (porque tamén o sacamos dun que escribín e que causou sensación xD) a guión e a ver que tal queda. Este pode ter futuro...

A terceira vai ser de risa e todavía a teño en mente...vai ser algo así como unha documental sobre "animais nocturnos" e xa veredes a que me refiro cando a envíe.

 

Supoño que nestes días ocurriránseme máis. De todas formas, a ver se vou contando por aquí anécdotas sobre a rodaxe e todo iso. 

 

Saúdos :)

4ª EDICCIÓN

martes 17 de Febreiro de 2009 as 00:15 1 comentario

Pues empiezo con más ganas que nunca a escribir en este blog. Más ganas que en las otras edicciones porque ahora, más o menos, ya tenemos los medios necesarios para hacer un corto en condiciones y unos buenos guiones, o eso creo :D

Pronto los mandaremos y a ver que os parecen...muchos proyectos que quizás no salgan tan bien como pintan, pero confío en que sí.

 

Novos proxectos

luns 22 de Setembro de 2008 as 10:46 Non hai comentarios

Estamos desexando que se achegue a seguinte edicción do concurso para comezar a presentar as tantas curtas que temos en mente e poder optar por fín a un premio. De todas formas dende aquí o meu apoio a todas as curtas que fixéronme sentir algo non só porque están ben feitas, senón pola actuación, a música, o contido ou a mensaxe que transmiten. Sen dúbida espero que o gañador sexa o merecido porque ó ver cada curta un dase conta realmente de todo o traballo que hai detrás, por iso, noraboa a todos os autores destas curtas das que falo e sorte!

 E polos lazos de amizade non me queda outra que dar aínda máis o meu apoio á señorita Lucía Abarrategui e o seu "1,2, 3 consumismo express"e valoro sobre todo a súa imaxinación, o empeño, as ganas, as súas ideas, a interpretación e por suposto a mensaxe de cambio social da curta, tan necesaria hoxe...

Saúdos a todos! ;)

Por fin

domingo 21 de Setembro de 2008 as 13:50 Non hai comentarios

Pois parece que xa chegou a Santiago a nosa curta. Aquí a deixo e espero que vos guste ou polo menos que vos chame a atención...

SALEMEG, a maldición.

luns 15 de Setembro de 2008 as 17:11 Non hai comentarios

Xa está en camiño a nosa curta, ó final non foi o que esperabamos, pero temos que estar orguiosas do que fixemos, foi a nosa primeira curta xuntas e o resultado encantounos, se ben, parece que só as directoras o entendemos...

SALEMEG, a maldición pretende ser unha curta de terror psicolóxico de como unha maldición acecha a casa dunhas irmáns xemelgas, por arte de meigallos, a nosa visión delas será múltiple e as atoparemos por toda a casa, pero...cales son as verdadeiras? Iso é algo que nunca poderemos saber...a maldición persistirá por moito tempo...

A idea xurde dunha das nosas reunións na casa destas irmáns nas que sempre a nosa idea é facer unha curta. Pois ben, despóis de pensar un pouco, decidimos aproveitar que son xemelgas para facer esta curta surrealista. Todo foi froito da inspiración do momento, seguindo unhas breves pautas de actuación que acordamos entre as catro.

A montaxe xa foi algo máis complexa pois coma sempre, tivemos problemas para facelo...nembargantes, sen dúbida foi a clave para o resultado final da curta. A música escollida foi a do célebre filme "Psicosis", polo que tamén pretendemos facer a nosa pequena homenaxe as boas películas e curtas de terror e por sorte, puidemos concordar video e música á perfección.

Sentimos a calidade de imaxe, pero os nosos medios para grabar son máis ben escasos e só contamos con cámaras dixitais de fotos, pero bueno, o que importa e que por fín imos ter a curta por aquí e que cumprimos o que levabamos dicindo dende fai anos: facer unha curta entre as catro.

A ver que vos parece, desexamos as vosas críticas tanto boas coma malas e contade coa nosa participación en anos venideiros. 

Outra cousa, Lucía, a dona da man que toca a porta ó principio da curta, particípa con outra cuta que xa parece outra cousa en canto a calidade e que se chama "1, 2, 3...consumismo expres" e que sen súbida merece a pena vela

Un saúdo das directoras, guionistas,actrices e montadoras: Ángela Alonso Moreno, Lucía Abarrategui Amado, Noela Cordero Rodríguez e Zeltia Cordero Rodriguez.

Ano novo, micromovie novo

martes 18 de Marzo de 2008 as 15:29 1 comentario

Os nosos pés volverán a vivir unha nova aventura das súas...Temos que reúnir ós actores outra vez e mellorar a iluminación e os efectos xD

Ademáis este ano de seguro faremos unha curtametraxe.

Teredes noticias nosas pronto ;)

 

Saúdos no 2008 de Angie

a

mércores 5 de Setembro de 2007 as 02:24 3 comentarios
a