Xa está en camiño a nosa curta, ó final non foi o que esperabamos, pero temos que estar orguiosas do que fixemos, foi a nosa primeira curta xuntas e o resultado encantounos, se ben, parece que só as directoras o entendemos...
SALEMEG, a maldición pretende ser unha curta de terror psicolóxico de como unha maldición acecha a casa dunhas irmáns xemelgas, por arte de meigallos, a nosa visión delas será múltiple e as atoparemos por toda a casa, pero...cales son as verdadeiras? Iso é algo que nunca poderemos saber...a maldición persistirá por moito tempo...
A idea xurde dunha das nosas reunións na casa destas irmáns nas que sempre a nosa idea é facer unha curta. Pois ben, despóis de pensar un pouco, decidimos aproveitar que son xemelgas para facer esta curta surrealista. Todo foi froito da inspiración do momento, seguindo unhas breves pautas de actuación que acordamos entre as catro.
A montaxe xa foi algo máis complexa pois coma sempre, tivemos problemas para facelo...nembargantes, sen dúbida foi a clave para o resultado final da curta. A música escollida foi a do célebre filme "Psicosis", polo que tamén pretendemos facer a nosa pequena homenaxe as boas películas e curtas de terror e por sorte, puidemos concordar video e música á perfección.
Sentimos a calidade de imaxe, pero os nosos medios para grabar son máis ben escasos e só contamos con cámaras dixitais de fotos, pero bueno, o que importa e que por fín imos ter a curta por aquí e que cumprimos o que levabamos dicindo dende fai anos: facer unha curta entre as catro.
A ver que vos parece, desexamos as vosas críticas tanto boas coma malas e contade coa nosa participación en anos venideiros.
Outra cousa, Lucía, a dona da man que toca a porta ó principio da curta, particípa con outra cuta que xa parece outra cousa en canto a calidade e que se chama "1, 2, 3...consumismo expres" e que sen súbida merece a pena vela
Un saúdo das directoras, guionistas,actrices e montadoras: Ángela Alonso Moreno, Lucía Abarrategui Amado, Noela Cordero Rodríguez e Zeltia Cordero Rodriguez.