Xa estamos en marcha (que xa son horas...) e en breves mandarei tres curtas como mínimo para participar no concurso.
Todas elas están feitas en familia, que penso que é un dos ingredientes máxicos para que os actores e actrices funcionen ben, refírome a confianza que poden ter ante unha cámara que é a súa filla ou a súa irmá por exemplo. Ademáis é unha boa forma de reunirnos para facer algo en común perseguindo o mesmo. En definitiva, que de vez en cando pasalo ben coa familia facendo cousas que non acostumamos a facer está...guay xD
A primeira delas chámase Optimismo e está protagonizada pola miña irmá Rosalía. Está baseada nun microrrelato que fixen fai anos e a min pareceume divertido para unha curta. A verdade é que quedou demasiado "curta" pero o final está moi ben...Desexo que a poidades ver cedo.
A segunda ten como actor principal e único a papá, Jaime. Aínda está en proceso...estamos pasando o relato (porque tamén o sacamos dun que escribín e que causou sensación xD) a guión e a ver que tal queda. Este pode ter futuro...
A terceira vai ser de risa e todavía a teño en mente...vai ser algo así como unha documental sobre "animais nocturnos" e xa veredes a que me refiro cando a envíe.
Supoño que nestes días ocurriránseme máis. De todas formas, a ver se vou contando por aquí anécdotas sobre a rodaxe e todo iso.
Saúdos :)













