Hoxe rodamos a curta na que tiña posta toda a ilusión...se ben este sentimento parece ser moi efémero. Resulta que meu pai no último momento non quixo ser o meu actor por cousas da vida...non o explicou pero penso que é por vergoña. Finalmente o convencín con cariña de boa peza e rodamos a presa e correndo...o resultado foi...raro. Meu pai o fixo moi ben, aínda que se pasou un pouco lendo o guión (que o metimos dentro dun periódico para que parecese que cando o lese estivese ollando as novas, pois non estaba disposto a aprendelo de memoria). Fixemos tres intentos aínda que o mellor foi o primeiro, mais xusto ó final chamaron por teléfono así que tivemos que cortar. ó final, como dixen, foi non de todo o esperado, pero a nós gustounos. Decidín deixalo así porque por aquí hai escaseza de actores (todos se botan cara atrás no último momento) e polo menos que lle guste a alguén máis, senón é a curta, o texto, que en canto suban a curta xa subirei eu aquí á par. Fai un pouco fixen a montaxe co único programa que sei manexar...o Movie Maker...e estiven a escoller música. A verdade é que o de buscar a música axeitada é unha das cousas que máis me gustan disto. Empreguei Bye Bye Baby de Janis Joplin porque penso que lle pega ben. Mañá compro uns cantos dvd e o luns sen falta xa mando este e o de Optimismo que fixera coa miña irmá Rosalía. Saúdos