Son dúas fotos que xa son Historia. E coas dúas sinto unha alegría enorme despois de oito anos grises. 

Esperemos que a cordura se recupere.
Non é unha páxina máis, é a páxina que faltaba. Flocos é ese punto de encontro que puxo en pe a Axencia Audiovisual Galega e na que atoparedes algo non moi doado de ver: a produción curtametraxista do noso país; e todo isto servido coa mellor calidade.
Dalgún xeito, Flocos adianta o futuro do audiovisual, sobre todo no campo da curtametraxe. Este elemento, totalmente esquecido tanto nas pantallas do cine coma nas da televisión, atopa en internet o seu espazo de vida. En si é un portal que pode recordar ao Youtube, pero mellor aliñado pois créase en torno ao/á autor/a da obra unha comunidade floqueira, no que autor e obra dialogan co seu público. Flocos articúlase en catro categorías: ficción, documental, experimental e animación; e en torno a estes eixos, unha labor de recuperación excelente que nos trae non so a produción histórica, senón que tamén organizan esta ofrecendo pequenos ciclos, como o da movida dos oitenta, fundamental para entender o espertar do audiovisual galego.
Aínda que pensado para o campo da curtametraxe, Flocos non se detén aí, senón que máis adiante irá incorporando longametraxes galegas que pasaron pola cine, pero que atoparán no teu ordenador unha segunda vida.
O dito, subscríbete a esta páxina e a gozar destes flocos de vídeo, sen esquecernos de felicitar a Carlos Prado Pampín por situar a súa curta Vellas coma a curtametraxe máis comentada e favorita desta páxina; e, por suposto, a Manolo González polo mimo e coidado co que está feita esta páxina

Sen ánimo de facer eses 5 minutos de publicidade que interrompen a programación, quero informarvos dunha nova que pode que vos interese e que nos chega dende a páxina de abcguionistas. Dende esta páxina tiveron a afortunada idea de crear unha cesta de nadal; só que a diferenza das habituais, esta non ven chea das delicatessens coas que nos fartamos sen límite durante esas datas, senón que esta chea de medio centenar de ferramentas dixitais relacionadas coa audiovisual.
O bo desta campaña é que esta pensada para satisfacer o acceso a estes produtos de utilidade a persoas que temos os recursos que temos, eses que nos permiten chegar a trancas e barrancas ata fin de mes. Pois ben, fronte a isto, crean unha especie de barra libre dixital á cutes de paga o que queiras, incluso nada. Esta cesta tan só estará colgada durante unha semana, e se compón de:
- Produtos sobre mercado audiovisual.
- Produtos sobre guión e creación de historias.
- Produtos sobre cine en xeral.
- Colección de 17 ferramentas de creatividade e escritura (en inglés).
- Colección de 23 programas de software (en inglés).
- Informes sobre recursos gratuítos online.
- Software de motivación.
Pensamos que é unha oportunidade moi boa, polo que é interesante que botedes unha ollada á cesta dixital de Valentín, que así se denomina a promoción. Se queres facerte coa túa, visita a seguinte páxina:
http://www.mercadoguion.com/Christmas2008