Arquivos » Novembro 2008

Catálogo dos actores e actrices galegos

Escrito por Esther, o xoves 27 de Novembro de 2008 as 10:41. 1 comentario

Onte a Asociación de Actores e Actrices de Galicia presentou oficialmente o seu novo catálogo en liña que pretende servir como ferramenta para promocionar aos actores e actrices da nosa comunidade, así como facilitar o traballo das produtoras á hora de realizar a selección de actores.


O catálogo en liña inclúe unha completa ficha de cada actor (na que figuran o rango de idade, a altura, o peso, a complexión física, as cores de pelo, pel e ollos, a súa formación, a súa experiencia e os seus premios), así como fotografías, vídeos e ligazóns a documentos PDF cos currículos dos mesmos, e pode actualizarse constantemente, polo que é unha aplicación viva.

Non puiden resistirme e busquei aos nosos marabillosos e benqueridos presentadores da Gala de entrega de premios: Tamara e Rubén.

Vía | Código Cero