

Din que os celtas non tiñan outro medo que o ceo lles caese encima. Lembraba isto, a tarde que Guillermo Zapata estivo con nós. Aquilo non era chover, era que o ceo, literalmente, caía enriba de nós. Despois, está o efecto volvoreta. Un vai con tempo máis que suficiente para coller o avión, pero resulta que nese momento párase o metro e todo se desbarata.
Contratempos aparte, a estancia de Guillermo Zapata con nós resultou moi proveitosa. Como sabedes, o trouxemos coa intención de que vos ilustrase como manexarvos neste mundo de internet, ao ser el o autor dun das curtas máis vistas en internet.
Pois para todas e todos os que non puidestes acompañarnos, déixovos a conferencia que deu tralo visionado dos seus traballos: Lo que tú querías oir e Y todo va bien.
Recoméndovos que o escoitedes.
tochlo
sábado 20 de Setembro de 2008 as 17:49 #
Hola, chiquillos... Como yo no me pude acercar a ese acto, me tomé la licencia de montar un pequeño video de promoción... Este es el enlace: http://es.youtube.com/watch?v=9Tt9nk56EwM
MarisaOtero
sábado 20 de Setembro de 2008 as 20:57 #
Sobre os dereitos de autor e os esquerdos de autor remítovos de novo á historia do Conde Lucanor. A cousa vén de vello.
Angie
luns 22 de Setembro de 2008 as 10:48 #
Non sei que pasa pero non podo votar, en canto premo nas estreliñas ponme que non está permitido. Xa probei con moitas, curtas, micromovies e cápsulas e nada...pode ser que esté a facer algo mal? Saúdos e grazas ;)
Esteban
luns 22 de Setembro de 2008 as 12:37 #
Ola Angie. Por favor, escribe a web@curtasnarede.es Aí esta o noso webmaster e el saberá arranxar ese problema. Un saúdo.
MarisaOtero
venres 26 de Setembro de 2008 as 12:41 #
Ultimamente isto está moi aburrido, engadide algo novo, que se non é por Chouza ninguén conta nada.