TiCnR

Ti Curtas na Rede

Este ano o noso lema é Ti curtas na rede. Dende sempre fomos moi abertos ás suxestións recibidas. A idea de todos os anos é facer desta iniciativa ese traxe a medida que imos conformando coas vosas achegas, e por iso creamos esta sección. Queremos que vós sexades os/as que marquedes a historia de Curtas na Rede.

A sección TiCnR está dividida en varios apartados, uns para que nos axudedes a promocionar CnR e para que o voso traballo chegue a máis persoas; outras para recoller as vosas impresións, etc. cun só propósito: que o noso lema sexa unha realidade.

TI PODES PROMOCIONAR CURTAS

Podes elixir o banner ou o botón que máis che guste. Só tes que copiar o código de cada un deles e inserilo en todas as webs que queiras… e xa está!

curtas na rede

curtas na rede

curtas na rede

curtas na rede

Tamén podes achegarte ata o Consello da Xuventude de Galicia e apuntarte á nova tendencia desta Moda primavera/verán 2009.

camisetas curtas

TI PODES MELLORAR CURTAS

A túa opinión e suxestións son importantes para que nós poidamos mellorar cada edición de curtas. Accede á nosa enquisa sobre publicidade ou déixanos os teus comentarios. Tamén podes facelo no enderezo electrónico: informacion@curtasnarede.es

A COMUNIDADE DE CURTAS NA REDE NO MUNDO MUNDIAL

Busca a túa posición xeográfica e coloca a túa imaxe. Anímate, é moi doado. Únete ao mundo mundial de Curtas na Rede