Curtas

Necesitas Flash para ver esta película.

Aarón

  • Presentado por: M.Nine
  • Director: Marcos Nine Búa
  • Temática: Documental
  • Data: 8/9/2009
  • Sinopse: Retratos da vida de un neno de 4 anos
  • Visitas: 912
  • Comentarios: 26
  • Votos emitidos: 124
compárteo en:
Compárteo en del.icio.us Compárteo en Meneame Compárteo en Chuza! Compárteo en Facebook Compárteo en Tumblr Compárteo en Twitter

Máis curtas da temática Documental

Imaxe da curta Grissinopoli, la nueva esperanzaImaxe da curta OrquestraImaxe da curta Nao veio ninguémImaxe da curta El Camino del BurroImaxe da curta IonquiImaxe da curta Colirrojos en el cole

Comentarios (23)

feed icon Podes subscribirche aos comentarios de Aarón por RSS
andresgoteira

andresgoteira
martes 8 de Setembro de 2009 as 17:09 #

Falso-documental que o do baño estaba preparado... jaja está moi ben, con que pouco se fan boas cousas. Gustame moito o final. Noraboa

trapalleiro

trapalleiro
martes 8 de Setembro de 2009 as 17:50 #

Seguimos empeñándonos en no leernos las bases. 5 minutos 22 segundos, se pasa en 22 segundos.

M.Nine

M.Nine
martes 8 de Setembro de 2009 as 20:04 #

Moitas gracias Andres :)
trapalleiro consideras que o importante é a curta ou a duración? creo que o que establece as bases son un baremo para ter en tódolos casos unha duración similar e que non se presenten cousas de 6, 7 ou 10 min. Pareceríame unha auténtica burrada ter que amputar un cacho da curta... pero en fin.

Pd: O do baño non está preparado ;)

andresgoteira

andresgoteira
mércores 9 de Setembro de 2009 as 01:04 #

Marcos discrepo contigo un pouco, claro que o que importa é a curta, pero poñennos ese límite e por desgracia ou non teremos que cumplilo, a min levoume días e comedura de cabeza resumila a eses 5 minutos, quen me dera eses 20 segundiños... igual cambiaba pa mellor!! ti non fixeras unha curta en 24horas??? era un requisito que tiñas que cumplir. Non sei é a miña humilde opinión non cho digo por mal, pero xa vés que a xente prostesta por eso, eu de tí quitaballe uns planiños do principio ; ) ou se non que no lo aclaren os da organización. Un saudo.

M.Nine

M.Nine
mércores 9 de Setembro de 2009 as 01:29 #

E que non lle atopo sentido. Se agora collo, e a curta comeza cando pon "Aarón" xa dura menos de 5 min. Serve para algo? serviría para algo que lle cortara 20 segundos e a volvera subir? A min eso paréceme unha marcianada tan grande como que poidan existir protestas.
Se a organización considera que debe ser así, pois fareino, pero creo que para o único que serviría sería para subirlles o ego a quenes din que así non vale.

andresgoteira

andresgoteira
mércores 9 de Setembro de 2009 as 02:40 #

Ponte no caso da organización, se ti chegases a gañar, e alguén protesta... vaiseche todo o carallo. Se a cousa é seria claro!! cando acabei de montar a curta, ocupabame "6 minutos", tubenlle que ir quitando cachos dun lado e cachos doutro, non che digo que lle cortes todo o intro coa machada, pero si, en zonas onde vexas que é prescindible. Por poñer un exemplo, cando lle saca a foto a bombona xa ganas 5 segundos... ;) . Fala coa organización e a ver se dí algo. Un saudo

PD: hai xente que non lle dan a beca ou subvención porque se pasa 100euros na declaración da renta... seguro que a merecía mais que outros que si lle deron

M.Nine

M.Nine
mércores 9 de Setembro de 2009 as 12:14 #

Sen buscar demasiado entre as premiadas do ano pasado hai unha curta que dura 5,01 min. outra que dura 5,41 min. E non existiu problema algún. Esto é así porque nas bases hai uns OBXETIVOS (promover talento...) que están por riba de epígrafes puntuais das normas. E estes obxetivos tamén se vulneran (esto sí é grave, moito máis grave que pasarse segundos) si se exclúen obras acordes á intención do certame.
Eu tamén tiven que recortar a curta e tamén me levou o seu traballo. E tamén mandei un mail á organización (uhna semana antes de ter a curta) consultando o caso pero non recibin contestación, así que vendo precedentes anteriores non me pareceu un problema eses 22 segundos.
Se agora resulta que é un problema por suposto que meto a machada e me cargo 25 ou 26 segundos do inicio.
En calquera caso, tanto se teño que recortar como se vale tal como está, é lamentable que se estean a tratar obras de xente como si fosen chourizos.
Estamos a falar de curtas, non son becas, non son subvencións, non son exames, non se teñen porque axustar a unha "matemática" e desde logo non teñen que tratarse como obxetos fabricados en serie nos que o mínimo desaxuste é considerado defectuoso.
O que hai de transfondo en todo esto é que a curta está "ben"(sei que está ben e estou contento con como quedou). Se fose unha merda non pasaría nada, pero o problema é que aquí cando fas algo ben, ou algo que poida destacar dalgunha forma, hai xente que o disfruta e hai outra que o que lle sae é buscar defectos e inventarse críticas. E neste caso, con esta curta é moi fácil.
Paréceme demencial que nun certame de curtas, actividade cun compoñente artístico e cultural, que alguén poida despreciar un traballo por non axustarse con absoluta precisión a unha bases. É aberrante.
En ningún festival do mundo, nin de curtas, nin de música, nin literario..., desprecian ningunha obra que lles pareza interesante porque se pase uns segundos, unhas liñas, ou incluso minutos do aparecido nas bases.
Esto é así porque iría en contra do que se pretende á hora de organizar un evento desas características.

M.Nine

M.Nine
mércores 9 de Setembro de 2009 as 13:40 #

E esquecíame, con respecto a "Limite 12h." o condicionante desas 12 horas era da propia curta, non do festival. A xente contaba con 60 ou 80 horas para facer unha curta.
E nese mesmo caso, que a duración debía ser de 5min. a nosa curta duraba 6,31min e non houbo problema pola sobreduración.

andresgoteira

andresgoteira
mércores 9 de Setembro de 2009 as 14:12 #

non me acordaba como fora... perdoa!! Eu creo que é unha curta estupenda, e cada vez que a vexo mais, eso sí o protagonista dalle moita vida. O outro tema é simplemente a miña opinión, por respeto o resto dos concursantes... nada mais, se crees que non é así pois alá ti, pero as normas son iguais para TODOS e senon que o aclaren dende arriba e acabouse a polémica.

fran_x

fran_x
mércores 9 de Setembro de 2009 as 14:51 #

non estou de acordo con obviar unha curta narrativa por pasarse 20" sobre 5´. Por moito que as bases dicten unha duración, esta debera ser orientativa e non sectaria. O importante é o filme e a este nin lle sobra nin lle falta.
Parabens

M.Nine

M.Nine
mércores 9 de Setembro de 2009 as 16:06 #

Andrés, non sei se parece que a estou a tomar contigo pero non é así.
Eu estou encantado polo simple feito de que vexas a curta máis dunha vez, que xa me parece unha pasada.
Eu o único que fago é defender o meu traballo e non creo que lle falte ó respeto a ninguén por eses 22".
Como ti ben dis, que aclaren desde arriba. Eu a estas alturas esperaba escribir comentarios sobre a curta e non sobre estes temas.

xaquindf

xaquindf
domingo 13 de Setembro de 2009 as 13:09 #

Pues a mí se me hace corto.

pablochou

pablochou
martes 22 de Setembro de 2009 as 13:11 #

Se as bases din que son 5´pois son 5´, cal é a parte que non comprendedes? Se todos fixesemos como di Marcos pois a organización xa excusaba de preparar unhas normas. Supoño que a maioría da xente se tivo que adaptar para este concurso como se adaptan para outros, e polo tanto o que non esté de acordo coas bases pois o mellor é que non se presente. Ou todos ou ninguén, non é?
Do resto nada, todo moi bonito. Sorte chavales!

M.Nine

M.Nine
xoves 24 de Setembro de 2009 as 10:48 #

Paréceme unha gran pregunta:
"Somnium": Gañadora do Festival Acción Boiro 2007. Participa nos premios Mestre Mateo 07 (Gala celebrada en 2008).
Curta presentada a CnR en 2008.
Punto nº 2 das bases da edición 2008: "Poderá participar toda curtametraxe estreada ou producida durante o ano 2008".

Pd: Para os que chegaron tarde a unha polémica que xa estaba zanxada a curta que está aquí colgada dura 4,59 min. Pódese tirar de cronómetro.

M.Nine

M.Nine
xoves 24 de Setembro de 2009 as 13:13 #

1. A explicación deducía eu solo, pero INCUMPLE as bases, non solo polo ano senón porque na edición de 2008, a curta que se presentase non podía estar presentada a ningún outro festival (punto que imcumpliu moita xente e que se eliminou das actuais bases).
2. Non teño que investigar nada (quen me dera tempo libre). Chégame con ver os dvd´s que me regalan e ter memoria. Parte deste traballo tamén consiste en ver o que fai outra xente ademáis de ti mismo.
3. Na vida se me ocurriría protestar porque presentaras esa ou outra curta que non se axustara ás bases. De feito, se por min fose, "Somniun" debería ter levado algún premio o ano pasado, ata sabendo que incumplía as bases, entre outras cousas porque xa a vira o ano anterior.
4. Directamente paso desta polémica e tomín a mesma decisión que puideches tomar ti con "Somnium", recortín uns segundos a curta e volvina a enviar tal e como se me aconsellou. Non é unha solución que comparta pero entendo que é a menos problemática.
5. Na vida tería contestado a este comentario se non fose porque a hipocresía da túa aptitude me fai moita gracia. Por un lado estás conforme coas "licencias" (ben tomadas) que a organización tivo co teu traballo (polas causas que fosen), e por outro te atreves a acusarme a min de imcumplir as bases.
6. Non vou a entrar a discutir máis, quédate coa última palabra se queres, coa penúltima ou coa que queiras que co que hai dito creo que se evidencia claramente quen é cada un. Agora ben, se me permites un consello, creo que tes un problema de adtitude serio que eu trataría de corrixir. Ti verás si che compensa.

Esieira

Esieira
xoves 24 de Setembro de 2009 as 13:17 #

Corta el rollo tío. Qué pedante, neno.

luischavalucas

luischavalucas
domingo 27 de Setembro de 2009 as 20:29 #

Pois eu acabo de ler todo canto se dixo, e paréceme que se está a atacar a este pobre rapaz sen piedade, cando deberíamos de apoiarnos máis... Ao fin e ao cabo, tod@s somos creador@s... A mín gústame o traballo, moito ánimo M.Nine!

montseromero

montseromero
domingo 27 de Setembro de 2009 as 20:38 #

cómo que pedante!?... Si se le está acusando de irregularidades, lo mínimo que puede hacer es argumentar, no?. A mí me parece un buen trabajo! (a lo mejor es que cuando alguien hace algo que vale la pena, no "suele gustar"... Qué minifundistas seguimos siendo en Galicia, por Dios!)

manolastgo

manolastgo
domingo 27 de Setembro de 2009 as 20:58 #

na gala de Curtas, estaría ben facer un debate aberto sobre estas cuestións. Á vista está que o tema suscita opinións, e sempre é moito mellor se os contertúlios poden verse entre si, verdade?.

darayavus

darayavus
mércores 30 de Setembro de 2009 as 15:35 #

o que lle espera ao futuro cineasta

OtavioSendoya

OtavioSendoya
mércores 14 de Outubro de 2009 as 10:47 #

Me ha gustado lo de camara de fotos, un puntazo.
Sobre la discusión esa del tiempo, yo para empezar no he visto un reloj que contase el tiempo del curta, así que me imagino que haya gente con mucho tiempo libre para conometrar cada corto. Al final, habeis estado tan preocupados con el tiempo que olvidasteis de comentar el corto en si, como obra audiovisual, que, sea positivo o negativo, para eso estan los comentarios.

Pandelafilms

Pandelafilms
xoves 15 de Outubro de 2009 as 00:52 #

He visto tu corto y me ha gustado mucho, peeroo como es bueno tiene posibilidades de ganar y como a mi no me interesa aprender de ti, ni admirar tu trabajo, me cojo un relojito y te fiscalizo asta el ultimo segundo y como el cine es una ciencia exacta no dejo que te pases ni un solo segundo por que puedes hacerme sombra. A mi no me vale que tengas creatividad o que tus trabajos expresen algo es mas no me gusta el cine. Creo que la razón de estipular un tiempo máximo, es por cuestión practica y por las necesidades que requiere el medio imagínate que cada uno mandase un corto de 20 minutos, pero no me hagas caso estoy completamente equivocado. Compañero dicen que mi micromovie pasa uno o dos segundos claro que en mi reloj da 30’’ segundos exactos pero lo compre en un mercadillo.
Felicidades por tu trabajo y un saludo
Ramón

M.Nine

M.Nine
venres 16 de Outubro de 2009 as 12:16 #

Gracias. Por fin aparecen compañeiros de CnR (ademáis de Andresgoteira e Fran) que comentan algo positivo da curta.
En fin, o tema "cronómetro" xa está zanxado.

Deixa o teu comentario

Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado. Introduce o teu usuario e contrasinal.